Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Margarita Ledo Andión participa nun seminario web sobre sobre documental feminista

O webinar irá acompañado dun ciclo de cine VoD, que incluirá o seu filme Nación

09/09/2021

Do 15 ao 17 de setembro, a Universitat Rovira i Virgili de Tarragona organiza un webinar titulado “El documental feminista en España como agente del cambio social” no que participará Margarita Ledo Andión. Ledo conversará con Pilar Monsell sobre a articulación a través da linguaxe documental da memoria das mulleres traballadoras. A sesión, titulada “Nunca trabajéis gratis, por favor. ¡A la mierda!” retomando as palabras dunha das protagonistas do filme Nación (2020), celebrarase o mércores 15 de setembro ás 12:30 e estará moderado por Núria Araüna.

Ao longo dos tres días poderán seguirse relatorios e conversas sobre temas, prácticas e pedagoxía de documental feminista contemporáneo en España da man de investigadoras, cineastas e escritoras como Laia Quílez, Elena Oroz, Xiana do Teixeiro, Helena Taberna, Eulàlia Iglesias ou Marta Selva entre outras.  O programa do seminario presenta unha perspectiva interseccional  con temas que van dende a violencia sexual, as migracións, a loita obreira ou a memoria ata os métodos de investigación e formación sobre documental feminista.  As sesións poderán seguirse en liña previa inscrición.

O seminario irá acompañado dun ciclo de cine de mulleres en VOD que se estenderá do 13 ao 27 de setembro. Neste ciclo poderán verse doce filmes documentais realizados por mulleres nos últimos dous anos, entre eles filmes galegos como Nación (Ledo, 2020) ou Todas as mulleres que coñezo (Do Teixeiro, 2018).

O webinar e o ciclo son actividades derivadas do proxecto da Universitat Rovira i Virgili titulado “Articulaciones del género en el documental contemporáneo español: una perspectiva interseccional” financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e pola  Agencia Estatal de Investigación.

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais