O VII Congreso Internacional da AE-IC aprázase ao mes de outubro
Amplíase o prazo para a inscrición de relatoras e asistentes
O VII Congreso Internacional da Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AE-IC) celebrarase na Facultade de Filoloxía, Tradución e Comunicación da Universidade de Valencia, do 28 ao 30 de outubro de 2020 e terá carácter semipresencial. Desta maneira, a asociación e a Universidade de Valencia buscan garantir o cumprimento das medidas de prevención esixidas polas autoridades sanitarias e ofrecer a todas as persoas participantes a posibilidade de asistir ao evento de forma presencial o desfrutar dos contidos online.
A Apertura e Clausura oficial e as homenaxes a traxectoria investigadora de figuras destacadas dos estudos en comunicación como Néstor García Canclini, Margarita Ledo Andión ou Ramón Zallo serán ofrecidos en directo e en streaming. Plenarias e seminarios, sesións especiais e comunicacións serán de acceso exclusivo para as persoas matriculadas durante un mes, á fin do cal pasarán a estar accesibles para as e os integrantes da AEIC no seu espazo na web.
Habilitaranse modalidades de presentación virtual – pregrabadas ou simultáneas- dos relatorios e comunicacións para aquelas/es autoras/es que así o desexen, con vías de participación e comentarios para as/os rexistradas/os interesadas/os en cada sesión, de acordo con protocolos de actuación que se porán a disposición das persoas asistentes na web do congreso.
O prazo de inscrición amplíase até o 21 de outubro e mantén as tarifas e modalidades publicadas. A matrícula de asistencia sen comunicación dará dereito ao acceso prioritario aos materiais previos do Congreso e á asistencia e participación activa presencial ou virtual a todas as súas sesións, así como o dereito a un certificado de participación.
O programa está xa dispoñible online.
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
