El cuerpo y la cámara, de Margarita Ledo Andión é un dos títulos escollidos para encetar + media, a nova colección de ensaios breves coa que a editorial Cátedra afonda en cuestións vencelladas á comunicación, a cultura e a política. Baixo a dirección da escritora e profesora da Universidad Carlos III de Madrid, Pilar Carrera, o novo selo inicia andadura cunha tríade de volumes que se completa cos textos Basado en hechos reales Imaginario digital y mitologías mediáticas, da propia Carrera, e Espacios de intimidad y cultura material, de Fernando Broncano.
El cuerpo y la cámara é unha reflexión sobre a o corpo e ollada feminina para alén das contornas nas que a norma e a tradición teñen tentado encerrala.
“Creo que desde ese momento comecei a pensar, tamén alentada por Barthes, no discurso amoroso entre o corpo e a cámara. Na experiencia de existir como corpo filmado e corpo que filma. E nun senfín de prácticas, de pequenos textos, de autoras-fonte, de situacións e de ausencias que se foron instalando, tamén de maneira lenta e incerta, na miña cabeza. E que me trouxeron até a fraxilidade e o pracer do ensaio que é o pracer do corpo e a fraxilidade dun dispositivo que chamamos cámara. E no modo de pensala. ” (Margarita Ledo Andión)
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
