A XVII edición do Festival de Cans superará 9000 euros en premios
O prazo para a inscrición de propostas fica aberto até o 1 de marzo
En 2020, o Festival de Cans quere medrar. Medrar en días, pois este ano pasa a celebrarse do martes 19 ao sábado 23 de maio e engade así unha nova xornada de cinema. Medrar en premios, que superarán os 9000 euros de cuantía total. E medrar en compromiso e responsabilidade social, ao introducir nas bases de inscrición unha cláusula que outorga a organización a potestade de excluír da competición aquelas curtametraxes asinadas por persoas condenadas por delitos vencellados á violencia de xénero.
Con esta aposta, o festival abre camiño cara a XVII edición, que xa ten aberto o prazo de presentación de propostas. Até o 1 de marzo, é posible presentar candidaturas ás distintas seccións, curtametraxes de ficción, animación ou non ficción, así como videoclips ou webseries, tendo como condición que todas as obras deben ser de produción galega e realizadas entre os anos 2019 e 2020. O festival tamén recibirá longametraxes e calquera tipo de obra susceptible de poder ser programada ou presentada nas seccións paralelas, dando prioridade en todas as categorías ás obras que aínda non fosen estreadas. Todas as obras poderán ser inscritas gratuitamente a través da web do festival (consultar as Bases).
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
