Convócase o I Premio AGAG de guión en galego para longametraxes
A admisión de traballos está aberta até o 1 de decembro de 2019 e o galardón conta cunha dotación de 2.500 euros
A Asociación Sindical Galega de Guionistas vén de convocar o «I Premio AGAG de Guión en Galego para Longametraxe» cos obxectivos de potenciar a lingua galega no audiovisual, promover ás autoras e autores que escriben en galego e axudar a difundir o traballo das persoas asociadas a AGAG.
O premio conta cunha dotación de 2.500 euros para a obra gañadora, así como diploma acreditativo para aquelas que o xurado designe como finalistas. O prazo para presentar obras está aberto até o 1 de decembro de 2019.
Os guións deben ser para longametraxes de ficción e a temática é libre, aínda que se valorará que a acción transcorra en Galicia. O xurado terá en conta tamén a calidade, interese e viabilidade das propostas, así como especialmente aqueles traballos que mostren unha perspectiva de xénero.
As autoras e autores deberán garantir que a súa obra é orixinal e inédita, contando cos dereitos de adaptación no caso de guións derivados de obras xa existentes. En todos os casos, os guións presentados deberán estar inscritos no Rexistro da Propiedade Intelectual.
Para participar, os traballos deberán enviarse en papel ou en formato dixital (memoria USB) baixo o sistema de plica ao seguinte enderezo postal: Asociación Sindical Galega de Guionistas, Rúa das Salvadas s/n (Sede SGAE), 15705, Santiago de Compostela. As bases completas poden consultarse na web de AGAG.
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
