Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

El Paradigma Mercantil en la Generación de la Cultura Mediática: Experiencia vs. Consumo

A xeración da cultura mediática máis actual á maneira dun enorme mosaico, sinala aos medios de comunicación e, máis amplamente, ás industrias culturais, como os seus principais artífices. O entramado cultural resultante responderá a unha serie de características que analizamos, tales como a segmentación, a escisión, a desconexión e a incoherencia, pero tamén a tendencia á homoxeneización do xerado. Neste sentido, xa a denominada cultura de masas propiciou o consumo a gran escala de idénticos eventos e idénticas propostas. Pola súa banda, na que agora chamamos cultura de consumo, apreciarase unha tendencia a personalizar a oferta, ao incremento do interese pola tecnoloxía e ao establecemento do patrón do consumo como forma de relación coa produción cultural. Unha relación afastada, pois, do modelo comunicativo e afastada tamén da experiencia estética que propiciara a arte.

A partir de aí, toda unha serie de consecuencias terían sobrevido: a mercantilización da identidade cultural ou a perda da referencia ao espazo físico como espazo socializado, entre outras. E todo isto, como síntoma inequívoco dun proceso no que as lóxicas económicas terían tomado o control do ordenamento político, así como dos sistemas culturais. Entre tanto, teríanse perdido calquera función da cultura á marxe da súa capacidade de fruición, en concreto, a súa condición de esfera para a inscrición do suxeito, da subxectividade, esa entidade que pode hacharse máis alá do individuo con carácter ideolóxico, con estatuto socioeconómico, con identidade cidadá. Apreciarase, entón, a devastación de lugares para a inscrición da subxectividade, para a súa supervivencia, sen que como cultura, os occidentais, ofreceramos resistencia algunha, e así, teremos relegado a conformación subxectiva a un segundo plano, en favor da conformación material, a máis bruta, a que máis nos aproxima ao principio de supervivencia, á natureza, ao certo grao de animalidade.

Autor/a: Antía López Gómez Enrique Castelló Mayo Ano: 2004Titulo: El Paradigma Mercantil en la Generación de la Cultura Mediática: Experiencia vs. Consumo Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Razón y Palabra. Primera revista electrónica en América Latina especializada en tópicos de comunicaciónNúmero: 39Editorial: Federaçao Lusófona de Ciencias da ComunicaçaoISSN: 1605-4896URL: http://www.razonypalabra.org.mx/anteriores/n39/castelopez.html
© 2024 Estudos Audiovisuais