Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Margarita Ledo Andión tomará parte nas conferencias maxistrais do Museo Reina Sofía

Será o 26 de febreiro ás 18.00 horas

09/02/2021

A Cátedra Juan Antonio Ramírez do Museo Reina Sofía convida á investigadora, cineasta, poeta e escritora Margarita Ledo Andión ao seu programa de conferencias maxistrais. Baixo o título “Exilio. Feminismo. Ensaio fílmico: o corpo como vestixio“,  Ledo Andión propón unha reflexión en torno ao corpo como punto de chegada logo de percorrer un fío invisible que transita por un cinema da memoria, dos contrapoderes, da marxinación da muller do espazo público, do extrañamiento do seu propio corpo e do poder do ensaio fílmico como práctica artística.

Percorrer as dobras, a liña de sombra na que se engarzan variacións desa mirada diferente, dese female gaze que os estudos feministas perseguen e que vai máis aló das obras realizadas por mulleres, é o noso compromiso con autoras e autores que, a nivel de pensamento —de Benjamin a Stuart Hall—, seguen sendo fonte, con aquelas prácticas que, desde a historia material da cultura, toman posición en harmonía con Adrienne Rich e as súas reflexións no seu ensaio seminal ‘Notes toward a Politics of Location’ (1985) ou cunha xeración en presente da que unha obra de aroma fenomenológico como a de Iris Brey, Lle regard féminin (2020), é un síntoma gozoso que se alonga ás creadoras que chegan ao mundo da performance para transitar a escuridade apoiándose na incorporación canónica de imaxes patriarcais e a decisión de resignificarlas.

A sesión terá lugar o día 26 de febreiro ás 18.00 h no Edificio Nouvel e o acceso será de balde até completar a capacidade do espazo e previa retirada de entradas na web do museo a partir do mércores 24 de febreiro.

 

[Imaxe: Mónica Alonso, Cama Amarela, 1993; Medidas: 56,5 x 75,5cm. Técnica: gravado, técnica mixta]

Máis información

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais