Co título Modos de ver e ser vistas. As mulleres que coñezo no cinema galego, o próximo número da revista Galicia 21 fai un chamamento ao envío de artigos que analicen as obras e traxectorias cinematográficas de autoras galegas, que traten da autoría feminina como diferenza, que a poñan en relación coas políticas públicas de apoio ao cinema ou exploren os arquetipos femininos do cinema galego e a representación das mulleres ao fondo do cadro
Coordinado polas investigadoras do GEA Silvia Roca Baamonde e Marta Pérez Pereiro, o número manterá aberta a recepción de propostas, que contarán cun máximo de 250 palabras, até o 26 de febreiro de 2021. Aceptadas estas, os artigos completos poderán ser enviados até o 30 de xuño de 2021 e serán sometidos a un proceso de revisión por pares.
Consulta o Call for papers e a folla de estilo da revista e remite a túa proposta a Marta Pérez Pereiro (marta.perez.pereiro@usc.es) ou Silvia Roca Baamonde
(silvia.roca@usc.es).
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
