Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Simposio: Finlandia, Galiza, Gales. Os retos dos pequenos cinemas en linguas minorizadas

A consideración das nacións como espazos comunicativos, e do cinema en versión orixinal como ferramenta inequívoca para a construción da diversidade cultural europea serven de punto de partida para este simposio no que o debate xira arredor das barreiras dos cinemas minorizados para facerse visibles. Abórdanse, asemade, as políticas da diversidade non soamente como recoñecemento senón como accións concretas que garantan a expresión e a difusión das obras.

O simposio forma parte das actividades de difusión proxecto do Plan Nacional de I+D+i “Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en versión orixinal”(ref. CSO2012-35784. Ministerio de Economía e Competitividade) que desenvolve o Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela baixo a dirección da catedrática Margarita Ledo Andión.

© 2019 Estudos Audiovisuais