Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Aberta a inscrición para a sexta edición do CO(M)XÉNERO

O Seminario Permanente de Comunicación e Xénero céntrase desta vez nas posibilidades do xornalismo para transformar o discurso heteropatriarcal dos medios

11/03/2022

A sexta edición do CO(M)XÉNERO, Seminario Permanente de Comunicación e Xénero decorrerá nos días 22, 23 e 31 de marzo na Facultade de Ciencias da Comunicación, organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) co apoio da Oficina de Igualdade de Xénero da USC e de Xornalistas Galegas. Nesta ocasión, as xornadas céntrase nas posibilidades do xornalismo para transformar, desde prácticas conscientes, o discurso heteropatriarcal dos medios.

Coordinado pola directora do GEA, a catedrática Margarita Ledo Andión, e en colaboración de novo coa Mostra Internacional Cinema Etnográfico (MICE) – Museo do Pobo Galego, o seminario está dirixido a estudantes de comunicación, investigadoras e investigadores en formación, profesionais e, en xeral, a todas as persoas interesadas en abordar os medios e as industrias culturais e creativas dende unha lectura crítica. A participación no CO(M)XÉNERO pode ser recoñecida como actividade formativa para o estudantado do Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea.

A inscrición é de balde e está aberta até o 21 de marzo a través do formulario dispoñible na web do GEA.

«Fendas no círculo de xiz» é o lema deste sexto CO(M)XÉNERO. Así pois, o seminario presentará experiencias de introdución da perspectiva de xénero na linguaxe xornalística, canda un obradoiro de intervención nos seus contidos. Pór fin a unha dinámica discriminatoria e excluínte pasa pola necesaria construción de audiencias e colectividades formadas no pensamento crítico, capaces de analizar, deconstruír e mesmo comezar a reverter as representacións e estruturas sexistas presentes nos medios.

Coa fin de crebar o círculo de xiz, o seminario busca reflexionar sobre os xeitos de incorporar voces que non adoitan aparecer nos medios e introducir novos puntos de vista na información na que as mulleres son protagonistas.

O programa inclúe conferencias, sesións de proxeccións e debate, así como obradoiros para achegármonos a outra forma de contar.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais