Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Call for Papers da Conferencia “Repensando o cinema e a súa historia a través de enfoques globais e dixitais (dende comezos do século XX ata a década de 1970)”

24/02/2022

O proxecto europeo “Social Networks of the Past. Mapping Hispanic and Lusophone Literary Modernity (1898-1959)” e o Global Literary Studies Research Lab, coa colaboración do profesor Malte Hagener da Philipps-Universität Marburg, abriron call for papers para o Congreso Internacional “Repensando o cinema e a súa historia a través de enfoques globais e dixitais (dende comezos do século XX ata a década de 1970), que se celebrará do 5 ao 7 de outubro de 2022 no IN3-UOC, Seu Poblenou, Barcelona, Spain.

A Conferencia contribuirá a analizar as seguintes cuestións:

1) as perspectivas globais nos estudos do cinema e, máis específicamente, en relación a como os enfoques globais e dixitais poden axudar a repensar a historia do cinema e loitar cos discursos hexemónicos; 2) casos de estudo que poidan axudarnos a reflexionar sobre proxectos cinematográficos e espazos de sociabilidade menos ingestigados, como son os cineclubes ou a crítica cinematográfica, en xeografías menos analizadas como Amérlica Latina e o Sur Global. O congreso porá o centro do seu interese na recuperación e restauración do papel das mulleres que participan na construción das diferentes culturas fílmicas das áreas xeográficas propostas.

Os poñentes convidados son: Valeria Camporesi (Universidad Autónoma de Madrid), Michael Cowan (Iowa University), Rielle Navitski (University of Georgia), Julia Noordegraaf (University of Amsterdam), Masha Salazkina (Concordia University), Georgina Torello (Universidad de la República, Uruguay), Daniela Treveri Gennari (Oxford Brookes University).

As propostas deberán incluir un resumo (300 palabras), a filiación, unha biografía e unha breve lista de referencias ás organizadora da conferencia Diana Roig-Sainz, Ainamar Clariana, Pablo Suárez-Mansilla, e Malte Hagener a enderezo electrónico globalcinemahistoryconference@gmail.com antes do 1 de maio de 2022.

Para máis información, podes descargar aquí o documento pdf con call for papers (en inglés).

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais