Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

VII Encontro Internacional Cinema& Territorio

Celebrarase o 3 e 4 novembro na Universidade da Madeira e terá Formato híbrido

23/06/2023

O Cinema e a Antropoloxía nacen e desenvólvense no final do século XIX. Desde o inicio, o filme tenta capturar o que é o obxecto da etnoloxía: as prácticas do ser humano na relación que estabelece cos seus semellantes e co espazo físico-cultural en que sitúa a acción. O traballo de descrición dos primeiros filmes, que evoca o diario de campo do antropólogo, dá lugar a filmes “compostos”, que integran varios xéneros cinematográficos, orientados para a comprensión do outro. No ámbito do seu traballo científico, o antropólogo tórnase así autor de documentais ficcionais. Por outra banda, os filmes realizados por cineastas poden tamén adquirir unha dimensión antropolóxica. Así, asociar o Cinema ao Territorio ten por obxecto afirmar, segundo o concepto de Henri Lefebvre, que o cinema é “produtor de espazo”. Non é só un espazo de mediación artística, mais tamén de poder, un territorio político, económico e cultural. O Cinema como espello reflicte as realidades do mundo.

No ámbito do VII Encontro Internacional Cinema & Territorio preténdese discutir o cinema, a partir de unha reflexión sobre a utilización dos métodos audiovisuais como instrumentos de observación, rexistro, transcrición e interpretación antropolóxica, nun estreito diálogo co concepto de territorio. No campo de acción deste encontro convidamos á presentación de comunicacións interdisciplinarias.

En 2023, ano no que o Encontro conmemora o seu 10º aniversario, asumirá un formato híbrido de realización, con transmisión por videoconferencia.

TEMÁTICA

VII Encontro Internacional Cinema & Territorio recibirá traballos que problematicen, cuestionen e investiguen Cinema e Territorio.

Acéptanse propostas de todas as áreas disciplinares cuxa reflexión se insira na exploración tanto estética, política ou sociocultural como espacial e, en especial, na área da antropoloxía que, segundo Michael Herzfeld, ten por obxecto analizar os presupostos empíricos primarios – os dos outros ben como os nosos (1992: 67), fonte de numerosas conviccións.

O Encontro, que se realizará o 3 e 4 de novembro de 2023, poderá incluír unha mostra de Cinema de Autor, nomeadamente biográfico ou autobiográfico, polo que se acepta o envío de traballos cinematográficos desta natureza, que poidan ser visionados no ámbito deste Encontro. O formato desta mostra dependerá do acordado con cada autor(a), podendo facelo en sala e/ou en livestreaming.

Acreditamos na diversidade de temáticas posíbeis. Agardamos as vosas propostas.

Proposta de comunicación

As propostas de comunicación deberán ser enviadas para o seguinte enderezo electrónico: encontros.cinema.uma@gmail.com co asunto “ENCONTRO – PROPOSTA”. No documento enviado deberán constar os seguintes elementos:

▪ Nome(s), contacto(s) e afiliación académica do(s) orador(es) propoñente(s);

▪ Título da comunicación;

▪ Resumo (200 palabras) – na lingua do autor e en lingua inglesa;

▪ Palabras-chave – máximo 6;

▪ Bibliografía;

▪ Breve nota biobibliográfica, onde consten as súas principais áreas de interese e investigación (100 palabras).

 

Calendario – submisión de propostas de comunicación

▪ Envío de resumo de proposta de comunicación – até 15 de xullo de 2023.

▪ Notificación de aceptación das propostas – até 30 de xullo de 2023.

 

Linguas de traballo do Encontro

▪ Portugués, español e inglés. Non haberá tradución simultánea na sala.

 

A participación no VII Encontro Internacional Cinema & Territorio ten inscrición obrigatoria.

Inscricións

▪ Participantes con comunicación:

– €30 até 30 de setembro de 2023 (early bird);

– Despois de 30 de setembro: €50.

– Estudantes – 10% de desconto con presentación obrigatoria de tarxeta de estudante ou declaración da institución.

Esta inscrición inclúe coffee-breaks e emisión de certificado de participación.

▪ Participantes sen comunicación: aceso gratuíto – custo de €5 para emisión de certificado.

 

Forma de pagamento

O pagamento das inscrición debe ser efectuado por transferencia bancaria ou Paypal (información dispoñíbel no formulario de inscrición). Após o pagamento, o autor debe enviar por e-mail, para encontros.cinema.uma@gmail.com, o respectivo comprobante. Os estudantes deberán igualmente enviar unha copia da respectiva tarxeta de estudanteactualizada ou unha declaración da institución. Non serán aceptadas inscricións que non inclúan o pagamento e o envío do respectivo comprobante.

 

Faga AQUÍ a súa inscrición.

TODA A INFORMACIÓN NA PÁXINA WEB DO ENCONTRO INTERNACIONAL CINEMA & TERRITORIO

 

MÁIS NOVAS
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
Defensa da tese doutoral: « Gramática da ferida: Triplo Corte no Novo Extremismo Francés».
08/04/2026

O vindeiro venres, día 10 de abril, Sara Calvete Lorenzo, investigadora en formación do Grupo de Estudos Audiovisuais, defenderá a súa tese doutoral. A defensa terá lugar na Sala de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela ás 11h. A tese, dirixida pola profesora da mesma facultade  Antía […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais