Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

INTERSECCIÓN LAB – Festival de cinema e arte audiovisual contemporáneo

Aberta a Convocatoria de Intersección Lab – Até o 29 de xuño

19/06/2023

INTERSECCIÓN LAB, é un espazo de impulso á creación de proxectos audiovisuais co que se pretende contribuír á construción dun sector cinematográfico de calidade. As artistas poderán traballar e facer medrar as súas obras xunto a profesionais de prestixio internacional.

Está composto por catro espazos de traballo que terán lugar entre o 16 de octubro e o 15 de novembro.

  •  1to1espazo de titorías exprés individuales con profesionais do cinema e da arte para proxectos audiovisuais en desenvolvemento.
  • BASEespazo de titorización intensiva para proxectos audiovisuais en desenvolvemento onde serán seleccionados 3 proxectos para traballar a través de dinámicas colectivas co titor/a da actividade e con profesionais convidadas. Cada un dos proxectos seleccionados contará cunha bolsa de 500€.
  • CORTE FINAL: espazo para proxectos audiovisuais que dispoñan dunha montaxe avanzada. Seleccionaranse entre 3 e 8 proxectos que contarán cunha asesoría de montaxe e serán presentados nun pitching diante dun xurado profesional do cinema e da arte, que outorgarán un premio de 6000€.
  • RESIDENCIA: espazo que inclue tres bolsas de residencia que permitirán a 3 cineastas de toda España desprazarse á Coruña durante 1 mes para traballar de maneira intensiva nos sues proxectos, acompañado dun seguemento e asesoramento profesional. As tres artistas residentes contarán con todos os gastos incluidos e unha dotación económica, ademais de acceso a instalacions proporcionadas polo festival.

Este ano terá lugar, máis unha vez, When They Say No unha actividade onde se debatirán as dificultades e medos que xorden á hora de presentar os proxectos a diferentes convocatorias, serán convitadas a asistir, ademais das participantes no laboratorio, todas aquelas persoas que se teñan postulado pero que finalmente non foran seleccionadas.

Para inscribirse en calquera dos cuatro espazos únicamente é necesario encher o formulario online de inscripción.

Para coñecer todos os detalles en https://interseccion.gal/ e para resolver dúbidas no correo lab@interseccion.gal.

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo e unha representación do GEA en Vilnius (Lituania)
Participan na Conferencia internacional “Personal Perspective and Essayistic Form in Nonfiction Film and Art”
25/09/2023

O GEA participou na Conferencia internacional “Personal Perspective and Essayistic Form in Nonfiction Film and Art” en Vilnius, Lituania. A representación do Grupo de Estudos Audiovisuais estivo formada pola Catedrática Emerita de Comunicación Audiovisual da USC e IP Margarita Ledo, a profesora Marta P. Pereiro e os profesores Cibrán Tenreiro e Eloy Domínguez.

Seguir lendo
IX Congreso Internacional da Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AE-IC)
Aberto o Call For Papers
12/09/2023

A Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AE-IC) celebrará o seu IX Congreso Internacional na Facultade de Comunicación e Documentación, Campus Espinardo, da Universidade de Murcia, do 28 ao 31 de maio de 2024 baixo o lema “Comunicación e Innovación Sostíbel”. O Congreso convoca aos/ás investigadores/as en comunicación, nomeadamente no ámbito español, europeo e […]

Seguir lendo
Cinema e deporte. Clase xénero e cuestión nacional
Actividade organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais, Cinema. Col.lectiu d´Investigación Estética dels Mitjans Audiovisuals e o Cineclube de Compostela
05/09/2023

Os días 14 e 15 de setembro de 2023 celebrarase no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o seminario Cinema e deporte. Clase xénero e cuestión nacional. Este seminario está organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela, Cinema. Col.lectiu d´Investigació Estètica des Mitjans Audiovisuals da Universidade Pompeu […]

Seguir lendo
© 2023 Estudos Audiovisuais