
Soliña Barreiro (GEA) intervirá no debate sobre a pluralidade lingüística no sector audiovisual galego no Parlamento Europeo
Representa ao Grupo de Estudos audiovisuais (GEA) da USC e presentará o libro Perante a nova Lei do Audiovisual: análise e perspectivas
Barreiro, intervirá en representación do Grupo de Estudos audiovisuais (GEA) da USC, no debate previsto o 20 de abril de 2023 no que tamén participarán Marcos Maceira, presidente da Mesa Galega pola Normalización Lingüística e Xosé Lois Ledo Andión, vicepresidente da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). O debate servirá para coñecer as dificuldades que supón a nova lei audiovisual para a normalización da lingua galega e para a supervivencia do noso sector audiovisual.
A profesora Soliña Barreiro presentará o libro Perante a nova Lei do Audiovisual: análise e perspectivas, do que foi coordinadora, e no que o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) da Universidade de Santiago de Compostela recolle as principais aportacións das xornadas, celebradas na Facultade de Ciencias da Comunicación o 15 de setembro de 2022 en colaboración con A Mesa pola Normalización Lingüística. As xornadas contaron coa participación da Universidade do País Vasco, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), a Asociación Galega Sindical de Guionistas (AGAG), a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI), a Plataforma por la Llengua e Konstseilua. Este volume nace da colaboración entre academia, sector audiovisual e cidadanía, unidos pola preocupación perante as consecuencias que a o nova Lei Xeral da Comunicación Audiovisual terá para o audiovisual galego e a diversidade cultural e lingüística do sector, coa vontade de transferir coñecemento á sociedade e prover recomendacións ás institucións públicas.
O Intergrupo de Linguas do Parlamento Europeo, -integrado por eurodeputados e eurodeputadas de varios grupos da Eurocámara-, considera que o sector audiovisual debe ser un campo de acción estratéxico para calquera política que realmente busque a normalización das linguas e polo tanto trátase dun tema de gran transcendencia para o sector audiovisual galego.

A Catedrática de Comunicación e IP do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo, participará no curso: Habitar el lenguaje: arte, política y ficción o vindeiro 19 de xuño. O curso, organizado polo Círculo de Bellas Artes de Madrid, aborda as formas contemporáneas de representación e as súas implicacións políticas e sociais desde diferentes perspectivas e disciplinas. Esta reflexión […]
O 1º Encontro de Fotografía Documental Contemporánea Galega está organizado dende o Grupo de Estudos Audiovisuais e agrupa unha lista de actividades que teñen como cometido achegar fotografía documental galega, da man dunha extensa lista de profesionais, ao eido universitario. Compónse á súa vez de diferentes actividades dende os meses de abril ata xullo: EXPOSICIÓN […]
Santiago de Compostela, 10 de maio de 2023.- Representantes do sector audiovisual valoraron esta mañá en rolda de prensa a aprobación, por parte do parlamento europeo, do relatorio para a aplicación da Directiva audiovisual, salientando a inclusión dunha emenda elaborada polas entidades agrupadas na Iniciativa polo galego no audiovisual do que asistiron en representación: Margarita […]