Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

Perante a nova Lei do Audiovisual: Análise e perspectivas

O Grupo de Estudos Audiovisuais da USC organiza estas xornadas e colaboración coa Mesa Pola Normalización Lingüística

Analizar as repercusión da nova Lei do Audiovisual no tecido cinematográfico e audiovisual galego dende a óptica cultural, lingüística e económica é o obxectivo da xornada ‘Perante a nova Lei do Audiovisual’ que organiza o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) da USC en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística. 

O xoves 15 de setembro, o Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acollerá diversas conferencias que explorarán a transposición da directiva europea ao marco español e achegarán unha interpretación crítica da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual. O programa da xornada ofrecerá tamén debates arredor do posible impacto que este novo marco normativo poderá ter para diversidade lingüística, e sobre o estado xeral do audiovisual en Galicia.

As sesións contarán coa intervención de figuras expertas do ámbito académico, como a directora do GEA, Margarita Ledo (USC),  o profesor Ramón Zallo (UPV) ou as profesoras Antía López Gómez e Mª Soliña Barreiro (USC). Participarán representantes de diferentes institucións a prol da diversidade lingüística na contorna estatal como Marcos Maceira (Mesa Pola Normalización Lingüística), Francesc Marco Palau (Plataforma per la Llengua) e Pau Bilbao Sarria (Kontseilua); alén de profesionais do sector audiovisual galego, como Uxía Caride (Agapi), Lidia Fraga (Asociación Galega de Guionistas) ou Iria Taibo (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación).

A asistencia a esta actividade, que conta con financiamento da Xunta de Galicia a través das axudas á Consolidación e estruturación de grupos de investigación, é de balde sen necesidade de inscrición previa.

Título do curso: Perante a nova Lei do Audiovisual: Análise e perspectivasDescrición: O Grupo de Estudos Audiovisuais da USC organiza estas xornadas en colaboración coa Mesa Pola Normalización LingüísticaDatas: 15/09/2022 - 15/09/2022Lugar: Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación Santiago de CompostelaDuración: De 9:30 a 18:30
15/09/2022Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación Santiago de Compostela
Descargas
Mediateca
© 2024 Estudos Audiovisuais