A IFP do GEA Sara Calvete Lorenzo participa nos Cafés do CIFEX o vindeiro 12 de abril
A investigadora é parte integrante do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC
A integrante do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC (CIFEX) é tamén Contratada Predoutoral no Grupo de Estudos Audiovisuais do Departamento de Comunicación da USC.
A actividade de presentación da investigación predoutoral terá lugar o vindeiro 12 de abril das 14.00h ás 16.00h na Sala Hipatia da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela.
Os Cafés do CIFEX son un xeito informal de presentar as diferentes líneas de investigación interdisciplinarias incluidas no Centro, así como mantener en contacto ao persoal integrante e dar a coñecer ao público xeral os traballos realizados.
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
