Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA
Caderno COMXÉNERO 1

Publícase o primeiro caderno de comunicación e xénero CO(M)XÉNERO

30/10/2020

Este mes de outubro saíu do prelo o primeiro Caderno de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO, libro que escolma as achegas das docentes, profesionais e investigadoras que participaron das tres primeiras sesións do seminario. Situadas no pensamento crítico, as autoras que asinan cada un dos capítulos convídannos a reflexionar sobre xornalismo, cinema, videoxogos e medios de comunicación, prestando atención «aos lugares que habitamos, ás propostas que construímos, ás obras onde nos representamos, a un ben público como o da información ou calquera outro artefacto de comunicación para ollarmos cara a cara cada situación, mesmo as que nos vulneran ou nos negan».

Coordinan o volume, editado en colaboración coa editorial Vía Láctea, as integrantes do Grupo de Estudos Audiovisuais Margarita Ledo Andión, Marta Pérez Pereiro e Silvia Roca Baamonde, as tres impulsoras do Seminario Permanente de Comunicación e Xénero que o GEA vén organizando desde o ano 2018 na USC. Ademais, escriben neste primeiro Caderno CO(M)XÉNERO as profesoras Ana Jorge Alonso (Universidad de Málaga), Marta Pérez Pereiro (Universidade de Santiago de Compostela), Ana Catarina Pereira (Universidade da Beira Interior), Elena Oroz (Universidad Carlos III de Madrid), Carla Cerqueira (Universidade Lusófona do Porto) e a especialista en videoxogos e transmedia Dhaunae De Vir.

A escolma responde ao obxectivo de ampliar o debate sobre os temas e motivos que levaron á realización do CO(M)XÉNERO, á vez que se constitúe en artefacto para a memoria destes encontros, dirixidos a estudantes de comunicación, investigadoras e investigadores, profesionais e, en xeral, a todas as persoas interesadas en abordar, dende unha lectura crítica, os medios e as industrias culturais e creativas para construír audiencias e colectividades capaces de analizar, deconstruír e mesmo comezar a reverter as representacíons e estruturas sexistas que presentan.

No proemio do libro, Margarita Ledo Andión subliña precisamente esta necesidade de actuar, de falar, de acceder ao coñecemento de realidades múltiples que nos configuran e a «propostas outras, diferentes, que respecten o corpo, este corpo que, no dicir de Hélène Cixous, é o que nos fai sentir a vida, a morte, amar, pensar».

A publicación deste primeiro Caderno de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO contou co financiamento da Xunta de Galicia a través das axudas á consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Ministerio da Presidencia, RElacións coas Cortes e Igualdade).7

 

 

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais