Publicado o programa do coloquio internacional “Cando as mulleres filman”
A coordinadora do GEA, Margarita Ledo, participa na conferencia
Xa está dispoñíbel o programa do coloquio internacional “Cando as mulleres filman: o documental na península ibérica e no continente latinoamericano”, que terá lugar na Universidade de Grenoble-Alpes (2-3 de outubro) e na Universidade de Lyon 2 (4-5 de outubro). O mércores 2 de outubro, baixo o título “Espagne/Portugal, Cinéma, histoire et mémoire. Des années 70 à nos jours”, Margarita Ledo participa nesta mesa redonda con proxeccións acompañada de Mariano Lisa, Helena Lumbreras e o Colectivo de Cine de Clase, ademais dunha realizadora portuguesa aínda por confirmar. O venres 4 de outubro, a coordinadora do GEA ofrecerá tamén unha conferencia na Université Lumière Lyon 2.
Este coloquio internacional e interuniversitario terá como obxecto o estudo da produción documental realizada por mulleres dos países da península ibérica ou do continente latinoamericano. A súa finalidade é repensar, nunha perspectiva transdisciplinaria, os marcos epistemolóxicos da análise da imaxe documental. O coloquio indagará polas diversas maneiras en que os documentais, que son asignados á dobre marxinalidade do documental e da condición das mulleres, operan como operacións de intelixibilidade do mundo.
Consulta o programa completo.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
