Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

“Nación, retrato de Martina” será subvencionado pola Consellería de Cultura e Turismo

O próximo filme de Margarita Ledo, coordinadora do GEA, recibirá unha axuda de 78.068 euros

29/07/2019

A Xunta de Galicia subvenciona este ano a produción ou coprodución de 17 novos filmes galegos a través da adxudicación das axudas da Consellería de Cultura e Turismo, o que suporá unha inxección total de 5,3 millóns de euros no sector. Baixo dirección de Margarita Ledo, a coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais, verá a luz Nación, retrato de Martina, un traballo producido por Nós Produtora Cinematográfica Galega, que se inclúe entre os seis documentais seleccionados. Outras seis longametraxes de ficción, catro curtametraxes e unha serie de televisión completan as obras financiadas.

Na modalidade de longametraxes de ficción, a Xunta subvencionou con 234.205 euros Debuxos animados (Honeymoon), presentado por Pulsa Control Z e coa dirección de Enrique Otero. Esta mesma cantidade é a que recibirá María Solinha, de Vía Láctea Filmes, que conta con Ignacio Vilar como director. Os restantes títulos desta categoría son O corpo aberto, de Ollo Vivo; Tres, de AIE Tres A Película Frida Nair, e San Simón, da produtora Miramemira. Cada un deles recibirá 253.722 euros, cantidade tamén outorgada á única película de animación beneficiaria, O meu avó, de AIE Caretos Films.

En canto ao xénero documental, súmanse á obra da catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade os títulos Os días calados do Sr. Stevens, de Matriuska e César Souto; Onde máis doe, de Xamalú Filmes e Manane Rodríguez; A Virxe Roxa, de Recrea Filmes con Marcos Nine; Alén da Terra, de Somadrome Films e Ruth Chao, e Kevin vs Ray, de Pulsa Control Z con Eduardo Herrero e Manuel Lemos. Cada un deles recibirá 78.068 euros, agás os dous últimos que disporán de 58.551 euros.

No apartado de formatos televisivos, Tres flores sen piedade, produción de CTV para a Televisión de Galicia, recibirá 253.711 euros, e contará coa dirección de Juan Galiñanes. Completan a relación de proxectos apoiados as curtametraxes Rompente, de Zeitun Films e dirección de Eloy Domínguez; 16 de setembro, de Sombriza Films e Álvaro Gago; Lolo da Illa, de Alfonso Vázquez Cortizo, e Non me espera ninguén, de Ladybug Films. Cada un deles recibirá unha axuda de 15.000 euros.

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais