Preséntase o libro ‘Formas en transición. Algunos filmes españoles del período 1973-1986’
Será o venres 17 ás 20.00 horas na Fundación Luis Seoane da Coruña
O catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade José Luis Castro de Paz presenta na Coruña o último libro: Formas en transición. Algunos filmes españoles del período 1973-1986. Será o venres 17 de xaneiro no Salón de Actos da Fundación Luis Seoane a partir das 20.00 horas e farao na compaña do catredrático de Filoloxía da USC e ex-director da RAE, Darío Villanueva, e do historiador e investigador en cinema José Manuel Sande. O acceso é de balde até completar a capacidade do espazo.
O volume achégase á Transición política española, un dos períodos máis convulsos e frutíferos do cinema español e tamén dos máis variados en temas, xéneros estilos e enfoques. Un cinema conxuntural que documenta e retrata a España deses anos desde todas as frontes, desde todas as opcións políticas. Nos catorce anos que median entre 1973 e 1986 prodúcense da orde de 1300 longametraxes; un vasto corpus heteroxéneo e complexo, tanto no que se refire ás formas fílmicas despregadas como aos discursos construídos por medio daquelas. Porque, como é lóxico, tanto os filmes máis reaccionarios como aqueloutros capaces de transmitir ao público os valores que vertebraban a transformación política, pasando polos máis rupturistas que rexeitaban o proceso político desde a esquerda, puxeron pé os seus discursos ideolóxicos despregando as ferramentas propias do medio cinematográfico (a montaxe/posta en escena no seu sentido máis amplo), especialmente proclive entón a audacias e probas formais de todo tipo: investigacións e innovacións ora brillantes e frutíferas, ora apenas embrionarias, en exceso abruptas erradas ou inconclusas, pero sempre valiosas e historicamente significativas, e construídas moitas veces a partir dunha reelaboración profunda de formas e estilizacións vinculadas ás tradicións culturais populares das que o cinema español de nutriu desde o período mudo.
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
