Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Os proxectos que verán a luz nos próximos anos

As axudas ao talento audiovisual repártense entre 15 guións, curtametraxes e longametraxes

28/06/2019

Esta semana a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) fixo pública a resolución das subvencións para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego. En total son 15 novos proxectos de escrita de guión e de produción de curtametraxes e longametraxes, dous máis que no pasado ano, os que reparten os 150.000 euros desta liña orzamentaria, que viu incrementada a súa contía nun 7,5% con respecto ao ano anterior.

O auto das ánimas, dirixida  por Pablo Lago Dantas  coa produción de Diana Toucedo, o documental Luz Fandiño, a poeta analfabeta de Sonia Méndez; e Jacinto, de Vizuals Lab con dirección de Javi Camino son as longametraxes con dirección novel escollidas por AGADIC. Cada unha recibirá unha axuda de 30.000 euros, sumando un total de 90.000 euros dos fondos.

A escrita de guións ten destinados 30.000 euros, que se reparten entre seis proxectos, cada un dotado de 5.000 euros: Antoloxía de inverno, de Lara Bacelo; As liñas descontinuas, de Anxos Fazáns; Algo parecido á felicidade, de Álvaro Gago; Fame e febre, de Javier Ferreiro López; Queroseno, de Eloy Domínguez Serén, e Insectos, de Alfonso Vázquez Cortizo.

Finalmente, outras seis curtametraxes contarán con cadanseus 6.000 euros para se desenvolveren, completando os 36.000 euros destinados a esta modalidade. Trátase de Mércores de cinza, de Nuria Mosqueira; Hai unha virxe alí arriba, de Brandán Cerviño; A miña terra, de Santiago Diéguez Risco; Monte Bravo, de Noelia Muíño; Unha noite marabillosa, de Iván Torres Hernández, e Unidade veciñal, de Antonio García Mejuto.

Deste xeito, AGADIC ofrécenos un adianto dos proxectos que van ver a luz nos próximos anos baixo o seu apoio, nunha ecografía do que vai alimentar o audiovisual galego nun futuro próximo. Entre as obras subvencionadas, as mulleres representan un 40%. Esta cifra recupera a porcentaxe dos anos do bipartito, tal e como analizaba a integrante do Grupo de Estudos Audiovisuais Marta Pérez Pereiro en “Teitos de celuloide”, texto que vos animamos a visitar.

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais