Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

«O que arde» recibe dous premios Goya

A Academia premia a Benedicta Sánchez e Mauro Herce

26/01/2020

O filme de Oliver Laxe engrosa a súa listaxe de recoñecementos con dous premios da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas de España. A 34ª edición dos Premios Goya premiou o labor de Benedicta Sánchez, elixida Mellor Actriz Revelación de 2020, e o traballo de Mauro Herce, que recibiu o galardón á Mellor Dirección de Fotografía. 

A actriz de 84 anos foi a primeira das premiadas da noite e recibiu unha grande ovación ao recoller o Goya, que dedicou aos seus pais, á súa filla e ao director Oliver Laxe.

Ver vídeo- RTVE

Herce, que xa traballara con Laxe en Mimosas e é tamén o responsable da dirección fotográfica de fitas como  Longa Noite, O quinto evanxeo de Gaspar Hauser ou Arrainaos,  compartiu o seu premio con todos os participantes no filme e fixo mención especial á parella de protagonistas, Amador e Benedicta, e ao labor dos brigadistas que velaron polo equipo na rodaxe.

 

Ver vídeo- RTVE

O que arde optaba a 4 premios, entre os que se incluían os de Mellor Película e Mellor Dirección, que a Academia concedeu a Dolor y Gloria, de Pedro Almodóvar.

 

Outras candidaturas galegas

Dez eran as candidaturas que este ano implicaban proxectos ou profesionais do cinema do país. Luis Tosar volvía optar ao Goya ao Mellor Actor pola súa interpretación no filme Quien a Hierro Mata, que finalmente recaeu en Antonio Banderas. A película de Vaca Films contou, porén, coa interpretación do que foi elixido como Mellor Actor Revelación, categoría na que o actor catalán Enric Auquer se impuxo a Vicente Vergara, Nacho Sánchez e ao actor vigués Santi Prego.

A fita Homomaquia, do director lucense David Fidalgo, competiu tamén polo premio á Mellor Curtametraxe de Animación, que finalmente foi outorgado ao proxecto Madrid 2010. Tamén no ámbito da animación, o binomio conformado polo coruñés Eligio Montero e o catalán Salvador Simó, estivo entre os candidatos a Mellor Guión Adaptado por Buñuel en el Laberinto de las Tortugas, fita premiada co Goya á Mellor Longametraxe de Animación. Finalmente, o sonidista David Machado ,premiado en 2016 por El desconocido, volvía competir este ano na categoría de Mellor Deseño de Son por  Elisa e Marcela, que perdeu en favor de Iñaki Díez, Alazne Ameztoy, Xanti Salvador e Nacho Royo-Villanova polo seu traballo no filme La Trinchera Infinita.

 

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais