Da colaboración entre La Cinematográfica, unha organización viguesa para a xestión cultural do cinema, e a empresa Café Candelas, nace o MOCA, o primeiro Museo Online de Cine Autobiográfico. O seu obxectivo é “por en valor o cinema como medio para contar historias persoais e o celuloide como soporte atemporal no que gardar as lembranzas dos momentos máis íntimos como algo verdadeiramente especial e singular, en tempos nos que a imaxe ne primeira persoa ocupa todo o espectro dixital e as redes sociais”.
Dirixido por Pablo Gómez Sala e con Xisela Franco como comisaria inaugural, o MOCA abre as súas portas coa exhibición Toronto en primeira persoa, unha mostra de vinte películas de cineastas con vínculos coa comunidade de Toronto, que relatan en primeira persoa historias sobre a identidade, a memoria, ou a viaxe e que se enceta coa obra do director canadiano Rick Hancox.

Alén das Mostras de Cinema Autobiográfico, de periodicidade anual, o proxecto artéllase arredor doutras tres actividades centrais: a colección de cinema doméstica, a convocatoria anual de dúas bolsas de produción de obras cinematográfica autobiográfica e a organización de xornadas para a reflexión deste fenómeno artístico.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
