A Academia Galega do Audiovisual ten nova xunta directiva
Ana Míguez presidirá a institución durante os próximos dous anos
As académicas e académicos veñen de escoller na asemblea ordinaria celebrada o luns 21 de maio a nova xunta directiva desta institución que pretende aglutinar o sector audiovisual galego. A única lista presentada, elixida por unanimidade, está encabezada pola produtora Ana Míguez, que actualmente exercía de vicepresidenta e relevará ao guionista Carlos Ares á cabeza da asociación.
Ana Míguez é arestora directora de produción de Portocabo, con máis de 20 anos de experiencia tanto en cinema como en televisión, traballando en Galiza e no resto do Estado español. Xunto a ela, permanecen na dirección da Academia o produtor Álvaro Pérez Becerra, a maquilladora Susana Veira e as actrices Isabel Naveira, Carmen Méndez e Saamira Ganay. Tamén se incorporan ao equipo directivo o guionista Óscar Cruz (Porco Bravú), o guionista e produtor Pepe Coira, a actriz e cineasta Sonia Méndez e o compositor Xavi Font, produtor do último filme de Óliver Laxe, O que arde, que acaba de estrearse no Festival de Cannes.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
