Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA
Museo Virtual da Lusofonia no Google Arts and Culture

O Museu Virtual da Lusofonia torna global a través do Google Arts and Culture

02/09/2020

O traballo de análise, preservación e difusión do patrimonio histórico-cultural da comunidade lusófona recibe un novo impulso coa incorporación do Museo Virtual da Lusofonia á plataforma Google Arts an Culture. A cerimonia de presentación terá lugar o vindeiro 4 de setembro ás 21 horas (22 horas na Galiza) no Museu Nogueira da Silva e será retransmitida en directo na canle do YouTube do Museu Virtual da Lusofonia.

Con este lanzamento, fai accesible para calquera persoa, desde calquera lugar do mundo, as coleccións de arte, fotografías, postais, filmes, arte urbana e outras expresións artísticas e culturais que o museo foi reunindo nos últimos anos.

O Museu Virtual da Lusofonia é unha plataforma de colaboración académica en ciencia, ensino e artes impulsada pola Universidade do Minho e dirixida polo profesor Moisés de Lemos Martins na que participan universidades e asociacións culturais e artísticas dos países de lingua galega e portuguesa e das súas diásporas, entre elas a Universidade de Santiago de Compostela. O proxecto convida tamén á participación activa da cidadanía na achega de rexistros, no comentario ás obras preservadas e na construcción e reconstrucción dunha memoria colectiva.

Ademais da súa incorporación ao Google Arts and Culture, o museo contará cun perfil propio no Google Académico que operará como biblioteca dixital para a catalogación e difusión de traballos científicos no ámbito da comunicación e dos estudos culturais da lusofonía. Unha iniciativa que alén de dar visibilidade á investigación, servirá de punto de consulta de libros, artigos e teses de douturamento de relevancia para estudantes e persoal investigador.

Neste perfil figura como colaboradora destacada a catedrática de Comunicación Audiovisual e coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela, Margarita Ledo Andión, que forma parte da equipa do Museo Virtual xunto co tamén catedrático da USC, Xosé López García.

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais