Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O filme ‘Nación’, de Margarita Ledo Andión, é distinguindo polo ICAA por fomentar a igualdade de xénero

15/01/2021

O Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais outorga ao último filme de Margarita Ledo Andión o selo que a recoñece como película “Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero”. A entidade, dependente do Ministerio de Cultura e Deporte, concede este distintivo ás películas que promoven a eliminación de prexuízos, de imaxes e roles estereotipados en función do sexo, favorecen o uso de linguaxes non sexistas, propician o rexeitamento de todo tipo de violencias,e representan de maneira igualitaria a capacidade das mulleres en sectores claramente masculinizados.

Nación, unha longametraxe de non ficción producida por Nós Produtora Cinematográfica Galega, reivindica a loita obreira feminina a través das experiencias das traballadoras da fábrica de cerámica A Pontesa (Pontevedra)  ao longo dos anos 50. Estreado no Festival Europeo de Sevilla (SEFF) no mes de novembro,  participou tamén no Festival Cineuropa de Santiago de Compostela e no Márgenes-Festival de Cine Independiente de Madrid e prepara agora a súa estrea en salas comerciais.

O recoñecemento do Ministerio ao traballo desta cineasta e investigadora da USC súmase así a outros galardóns recentes, como o Premio á mellor dirección concedido polo SEFF e o premio do festival Cineuropa á totalidade da súa traxectoria.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais