Baixo o título “Camiños de produción. Os países do Camiño de Santiago como coprodutores naturais”, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) organiza unhas xornadas formativas nas que se pretenden analizar aspectos relacionados coa coprodución dun proxecto audiovisual, poñendo especial atención no mercado internacional.
Esta xornada, prevista para o 11 de febreiro de 2021, será retransmitida en streaming de xeito gratuito pola plataforma Zoom, aínda que os/as interados/as deberán preinscribirse previamente enviando un correo antes do 9 de febreiro ao enderezo prensa@agapi.gal, indicando nome, apelidos e enderezo de correo electrónico.
O evento anunciado por Agapi forma parte do programa “O teu Xacobeo”, da Xunta de Galicia, en colaboración con EGEDA (Entidade de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales). O programa estrutúrase en seis bloques, logo dunha benvida ás 10h. a cargo da xerente de Agapi Uxía Caride, que tamén moderará o coloquio final ata as 14:30h.
Programa
Algúns dos contidos que se abordarán son: a coprodución e o mercado televisivo nos casos de Alemania, Francia e a relación entre Galicia e Portugal; o papel de Crea SGR no financiamento das coprodución, e as produtoras galegas no mercado internacional.
Entre os participantes figuran Fernanda del Nido (Setembro Cine), Alfonso Blanco (Portocabo), Nati Juncal (Cósmica Producións), Xavi Font (Maruxiña Film Company), Paula Cons (Agallas), Iván Patiño (Amanita Studio), Chelo Loureiro (Abano Producións), Felipe Lage (Zeitun Films), Rafael Lambea (Crea SGR), Dani Froiz (Matriuska Producións), Raúl García e Alba Prol (Meteórica Cine). Estes profesionais falarán, ademáis, de experiencias concretas sobre produtos audiovisuais como “Ons”, “A illa das mentiras”, “Unicorn Wars”, “Que hicimos mal” ou “O gan Camiño”.
O programa pódese consultar na web de Agapi, no apartado de actividades de formación que promove esta asociación, e no que xa se programaron outros eventos recentes como as xornadas sobre modelos de potenciación de I+D+I para a produción de ficcións cinematográficas en España ou a titulada “As periferias tamén existen, producindo desde Galicia”.
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
O vindeiro venres, día 10 de abril, Sara Calvete Lorenzo, investigadora en formación do Grupo de Estudos Audiovisuais, defenderá a súa tese doutoral. A defensa terá lugar na Sala de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela ás 11h. A tese, dirixida pola profesora da mesma facultade Antía […]
