Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

AGAPI estrea web con imaxe renovada

A asociación celebra o seu 25 aniversario con este agasallo

17/07/2019

Con motivo dos seus 25 anos, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) muda a súa web dotándoa dun novo deseño e funcións, procurando mellorar as prestacións ofrecidas. Deste xeito, a páxina pretende adaptarse ás necesidades do presente e ser unha ferramenta viva ao servizo do sector audiovisual.

Esta nova web está estruturada en apartados pensados para facela útil e operativa. Conta cun espazo adicado a socias cos contactos das empresas. O catálogo permite acceder ás últimas producións feitas desde Galicia. Na revista están recollidas as novas de actualidade e formación, coa novidade dos apartados Informes e Anuarios que buscan dar acceso con datos cualitativos a todo o sector.

Inclúe tamén un apartado de emprego para a publicación de ofertas de traballo e permite ao público xeral subscribirse para recibir un boletín periódico de noticias e avisos, así como a opción de facer unha candidatura espontánea de envío de cv que quedará a disposición dos produtores asociados. Agapi.gal contén a maiores unha área privada de acceso restrinxido a socias con documentación e informes.

A nova imaxe e web de AGAPI contou coa Subvención no seu desenvolvemento e posta en marcha da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). A imaxe e o deseño da cabeceira correron a cargo da ilustradora e artista Iria Prol, mentres o desenvolvemento da web foi traballo de Explica Ingenieros.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais