
Nace a rede de cinemas independentes PROMIO para defender a diversidade fílmica
A iniciativa presentouse no Festival de Cine Europeo de Sevilla e acubilla a máis de medio centenar de cinemas españois
A rede de cinemas independentes PROMIO ven de iniciar a súa andadura cunha presentación no Festival de Cine Europeo de Sevilla. Os cinemas galegos Numax, Dúplex e Códex forman parte das salas que se unen para defender con máis recursos a diversidade fílmica, fomentar o subtitulado e o respecto da VO e impulsar unha serie de medidas de apoio para os cinemas independientes.
Na presentación da rede, o seu presidente Ramiro Ledo, de DUPLEX Cinema asegurou que “en España somos actualmente máis de medio centenar de cines os que compartimos a defensa da diversidade cinematográfica como principal obxectivo. No cómputo anual de sesións dos nosos locais, a maioría son de títulos de nacionalidade europea, incluída a española. A práctica totalidade somos empresas independientes”.
A rede, que toma o seu nome do operador Lumière Alexandre Promio, que filmou as primeiras imaxes de España, quere defender a diversidade, fomentar a versión orixinal e subtitulada, potenciar a alfabetización audiovisual, impulsar medidas de estímulo económico. Promio busca defender a experiencia fílmica en sala mentres que colabora cos demais sectores da creación e a industria, promovendo a innovación nos modelos de negocio.
O xerente de DUPLEX Cinema, Ramiro Ledo, ostenta a presidencia desta nova rede, en cuxa xunta directiva tamén figura Javier Pachón, de Cineciutat, Mallorca, na vicepresidencia. Ademáis, esta asociación conta tamén coa participación de, entre outros, representantes das salas NUMAX (Santiago), CODEX CINEMA (Lugo), CINE ESTUDIO CBA (Madrid), CINEMES GIRONA (Barcelona), ZUMZEIG (Barcelona), CINEMA TRUFFAUT (Girona), CINES EMBAJADORES (Madrid), CINEMA EDISON (Granollers), RAMBLA DE L’ART (Cambrils) e CINEBAIX (Sant Feliu de Llobregat).

O vindeiro 13 de decembro na Facultade de Ciencias da Comunicación, Aula 8, terá lugar a prsentación dos resultados do proxecto de investigación FACCTMedia, Instrumentos de rendición de contas ante a desinformación: Impacto das plataformas de fact-checking como ferramentas de accountability e proposta curricular. O proxecto FACCTMedia, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (PID2019- […]
Ciclo sobre a fotografía e a construción da realidade no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Neste ciclo, que está vinculado á exposición Mentindo con mestría. Montaxes fotográficas de Agusto Pacheco (1948-1973), o tema principal será a fotomontaxe falando de diferentes artistas, técnicas e expresións. Na sexta feira, 3 de santos ás 8 da tarde, comezamos con: […]
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural Un rastro de furia e algas. Reflexións sobre o futuro do planeta Terra é un programa […]