Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Dúas salas galegas incorpóranse á rede internacional Europa Cinemas

Duplex e Códex acompañan a Numax, que forma parte da rede dende 2016

13/11/2020

O ferrolán DUPLEX Cinema e o lucense CÓDEX Cinema incorpóranse á rede internacional Europa Cinemas. Ambas salas presentaron unha candidatura conxunta que ven de obter a validación do comité anual da rede. A integración en Europa Cinemas implica que ambas salas de proxección de filmes en VO cumpren cos criterios de calidade e diversidade na difusión do cinema europeo, xunto con outros 1.200 locais repartidos por 700 cidades e 43 países.

Ambas salas acompañan, a partir de agora, a Cinema NUMAX, que foi pioneira en Galicia en formar parte desta rede dende o ano 2016. Deste xeito, a oferta galega de salas de proxección de cinema en VO con este recoñecemento de calidade queda artellada en torno ás cidades de Ferrol, Lugo e Santiago de Compostela.

A rede Europa Cinemas, creada hai 27 anos co apoio do Subprograma MEDIA de Europa Creativa e o Centre National du Cinéma et de L’Image Animée, está considerada como a primeira rede de salas de cine comprometida coas películas europeas e o seu principal obxectivo é ofrecer apoio operacional e financeiro aos cines que se comprometan a programar un número significativo de películas europeas non nacionais, así como a ofrecer iniciativas ou actividades promocionais enfocadas ao público novo. Segundo a Oficina MEDIA España, as salas integradas nesta rede deben cumprir certos criterios como o número de entradas, de sesións e unha porcentaxe de filmes europeos na súa programación, como figura nas Líneas Directrices de Europa Cinemas.

Ademais da súa incorporación a Europa Cinemas, o ferrolán DÚPLEX promove unha nova rede de cinemas independentes que ven de presentarse no Festival de Cine Europeo de Sevilla. A rede PROMIO está integrada por un grupo de exhibidores e xurde coa vontade de acoller e representar aos cinemas españois que defenden a diversidade cultural na exhibición cinematográfica.

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais