Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Margarita Ledo comeza a rodaxe de “Nación”

O cuarto filme da coordinadora do GEA terá a muller operaria como protagonista

27/08/2019

A coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo, inicia hoxe a rodaxe do que será o seu cuarto filme: Nación, um sítio onde pousar a cabeça. Baixo este título, que evoca un verso do poeta portugués Manuel António Pina, agóchase unha historia de intimidade que desde Nós Produtora Cinematográfica Galega definen como a propia “da muller operaria que, dende o agro e o mar, accede ao traballo industrial”.

As localizacións da produción inclúen o Castro (Sada), Pontesampaio (Pontevedra), Noalla, Illa Lobeira, Castro de Rei, Vilaboa e Compostela. Ademais da dirección e o guión de Ledo, Nación contará con Alberte Branco como director de fotografía e coa música de Mercedes Peón. A idea orixinal do filme parte de 2015 e vén respaldada polo premio Luísa Villalta da Deputación da Coruña a “ideas e proxectos audiovisuais pola igualdade”, ademais de figurar entre os proxectos escollidos por Agadic para a súa liña de axudas á produción audiovisual.

“Nación é filmar o vivido como índice, como vestixio, como sinal dunha época que desapareceu e que volve agromar na procura dese lugar ‘onde pousar a cabeça'”, conclúe o texto de presentación.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais