Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Fóra de Lugar: Corpos (in)tanxibles nas culturas minorizadas da península Ibérica. Literatura, Cine e Arte

Aberta a inscrición para o congreso até o 15 de xuño

08/04/2019

Ábrese o prazo de presentación de comunicacións para o congreso “Fóra de Lugar: Corpos (in)tanxibles nas culturas minorizadas da península Ibérica. Literatura, Cine e Arte”, que terá lugar en Varsovia os próximos 14 e 15 de novembro de 2019. A actividade estará organizada en colaboración por diferentes entidades: o Instituto de Estudos Ibéricos e Iberoamericanos da Universidade de Varsovia, o Grupo de Investigación (OUTRA)IBERIA, o Centro de Estudos Galegos de Varsovia, o Instituto Vasco Etxepare, o Instituto Ramon Llull, o Instituto Camões, a Asociación Internacional de Estudos Galegos e o Instituto Cervantes de Varsovia.

O congreso pretende investigar, desde o enfoque corporal, como se conceptualiza a alteridade desde a literatura, a arte e o cinema catalá, galega, vasca e mirandesa:

Interesaranos como se constrúe o Outro desde a perspectiva das culturas minorizadas e como en referencia a este Outro se crean as identidades propias; e, por outra parte, como as culturas dominantes (a española e a portuguesa, respectivamente) inscriben a outridade nas culturas minorizadas, tamén queremos examinar que valores se atribúen ao Outro e como se manifestan a través do corpo desde ambas as perspectivas. Propoñemos así mesmo estudar que áreas de alteridade se enmarcan dentro das identidades catalá, galega, vasca e mirandesa, como tamén as súas posibles variantes e o seu carácter pluridimensional.

As comunicacións, cunha duración de 20 minutos, poderán realizarse en galego, euskera, catalán, castelán, portugués, mirandés e inglés. As propostas deben enviarse a través da páxina web do congreso na lapela “formulario de inscrición” antes do 15 de xuño de 2019. A cota de inscrición é de 60 EUROS / 250 PLN, a ingresar antes do 31 de agosto de 2019. Os artigos derivados do congreso, tras previa aceptación por parte das editoras, publicaranse na revista indexada Iberian Studies da Universidade Iaguelónica. A data límite de recepción de propostas será o 31 de decembro de 2019.

+info. na páxina web do congreso.

MÁIS NOVAS
Proxección e coloquio: Morlaix (Jaime Rosales, 2024) o día 4 de febreiro
A proxección e o coloquio serán no Auditorio da Facultade de Comunicación
20/01/2025

O vindeiro día 4 de febreiro, terza feira, ás 11h proxectárase no auditorio da Facultade de Ciencias de Comunicación da Universidade de Santiago o filme Morlaix. Posteriormente haberá un coloquio ao que asistirán o director da fita, Jaime Rosales, o Catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade José Luis Castro de Paz e estudantes da facultade. […]

Seguir lendo
Defensa da tese doutoral: «Análise do potencial educativo presencial e a distancia utilizando recursos inmersivos en realidade virtual e aumentada».
03/12/2024

O pasado venres, día 29 de novembro, Rocío do Pilar Sosa Fernández, investigadora en formación do Grupo de Estudos Audiovisuais, defendeu a súa tese doutoral. Obtivo a cualificación Sobresaínte Cum Laude, por unanimidade, e a mención internacional pola estancia de investigación realizada na Universidade de Aalto, en Finlandia. A dirección da tese estivo a cargo […]

Seguir lendo
Conferencia de Margarita Ledo Andión na Sorbonne Nouvelle: A imaxe que falta, a imaxe que manca
Será na sala C112A da Sorbonne Nouvelle o día 9 de decembro, ás 11h
02/12/2024

A auto-biografía política, dar a ver a súa construción, a marca do dispositivo, o real como material que “debe ser ficcionado para ser pensado (Rancière) é un dos sinais e tamén os arquivos re-significados polas escrituras do “eu”, polo corpo, polos seus ecos, pola actuación… son entradas polas que accedemos ao interior do labirinto a […]

Seguir lendo
© 2025 Estudos Audiovisuais