Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

“O sabor das margaridas” estréase en Netflix

Será a primeira serie en galego da plataforma

07/04/2019

Desde o 29 de marzo a serie O sabor das Margaridas pode atoparse no catálogo de Netflix, converténdose na primeira produción en galego desta plataforma dixital presente en máis de 180 países. A serie, coproducida por CTV, CRTVG e Comarex, recibiu o Mestre Mateo á Mellor Serie de Televisión, tras ser estreada o pasado outubro na TVG con grande éxito. Agora, xa pode verse en versión orixinal subtitulada a través de Netflix, traducida como Bitter Daisies.

O pasado 9 de maio Netflix UK & Ireland revelaba desde a súa conta de twitter oficial a clasificación das series en fala non inglesa máis vistas no mes de abril, entre as que se atopa, no posto 7, O sabor das margaridas. O director de proxectos de CTV e guionista da serie, Ghaleb Jaber Martínez,  recibe este éxito como un premio ao esforzo de todo o equipo, destacando que “por temática y tratamiento sabíamos que tenía todos los ingredientes para viajar”.

“O sabor das margaridas” é un thriller policial de seis episodios escrito por Ghaleb Jaber Martínez, Eligio Montero e Raquel Arias. Con dirección de Miguel Conde e protagonizada por María Mera, a serie conta entre o seu elenco con actores como Tony Salgado, Miguel Ínsua ou Nerea Barros.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais