Dispoñible o programa provisional do Congreso AE-IC 2020
A asociación homenaxea este ano a Margarita Ledo Andión, Ramón Zallo e Néstor García Canclini.
Do 7 ao 10 de xullo de 2020 a Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AE-IC) celebrará o seu sétimo congreso internacional na Facultade de Filoloxía, Tradución e Comunicación da Universidade de Valencia. Baixo o lema «Comunicación e Diversidade», o evento congregará a expertas/os en comunicación da contorna estatal e internacional para ofrecer unha diagnose da situación actual e presentar propostas de articulación de políticas públicas neste sector capital.
O programa provisional do encontro, xa dispoñible en rede, recolle a composición das sesións plenarias, que centrarán o foco na relación entre comunicación e diversidade con conceptos como democracia, o desenvolvemento e a creatividade e nas que participarán reputadas voces como Tristan Mattelart (Université Paris II – Panthéon-Assas), Divina Frau-Meigs (Université Sorbonne Nouvelle – Paris 3), Marianne Kneuer (Universität Hildesheim), Guillermo Orozco Gómez (Universidad de Guadalajara), Dolors Palau (UV), Francisco Rui Cádima (Universidade Nova de Lisboa), Víctor Mari Sáez (Universidad de Cádiz), Lorna Chacón (Universidad de Costa Rica), Claudia Mellado (Pontificia Universidad Católica de Valparaíso), Natalia Papí (UA), Néstor García Canclini (Universidad Autónoma Metropolitana de México), Emili Prado (Universitat Autònoma de Barcelona), Immacolata Vasallo de Lopes (Universidad de Sao Paulo), ou Adriana Amado (Universidad de La Matanza).
Para alén das sesións plenarias e as sesións paralelas para a presentación de comunicacións, a sétima edición do Congreso AE- IC reserva un lugar destacado para o recoñecemento á traxectoria e achegas de tres figuras mestras da investigación en comunicación e rende homenaxe ao profesor da Universidad Metropolitana de México, Néstor García Canclini, ao profesor da Euskal Herriko Unibiertsitatea, Ramón Zallo e á profesora da USC, Margarita Ledo Andión.
O programa do encontro inclúe tamén dous seminarios pre-congresuais sobre a cooperación iberoamericana en comunicación e cultural e sobre a uso das NTIC ao servizo da investigación en comunicación.
O prazo para a matrícula de relatoras/es e asistentes ficará aberto até o 12 de xuño.
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
