Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Chega a VIII edición de “Somos a Curta! Cinema do real”

O certame persegue a promoción do galego no audiovisual entre o estudantado

12/07/2019

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC convoca a oitava edición do certame Somos a curta!, que premia a mellor peza audiovisual curta en galego de cinema do real presentada por calquera integrante(s) do alumnado das universidades galegas, das titulacións impartidas nas escolas oficiais de Imaxe e Son ou da titulación de bacharelato artístico de calquera dos institutos de educación secundaria de Galiza.

O premio convócase co obxectivo de promover o uso da lingua galega como vehículo para a creatividade e a análise da realidade galega a través do audiovisual. Así mesmo, procura recoñecer os dotes lingüísticos, técnicos e artísticos do estudantado galego.

O prazo para presentar as propostas remata o día 11 de outubro de 2019. Poderase facer mediante as plataformas Office365 ou WeTransfer, así como mediante dvd.

Un xurado decidirá e outorgará os premios do certame, dotados con 500 e 250 euros e diploma honorífico. Tamén haberá un premio do público, dotado con diploma honorífico, que se outorgará nun evento que se celebrará na Facultade de Ciencias da Comunicación o 6 de novembro de 2019 e no que se exhibirán ao público as pezas presentadas ao concurso.

+ info. na web da facultade

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais