Chamada para o envío de artigos completos á revista EPI
Imaxes e verdade: memoria, corpo e representación
A revista El Profesional de la Información vén de abrir o prazo de recepción de artigos para o volume 30, que ten prevista a súa publicación entre marzo e abril de 2021. Nesta ocasión, será o investigador Javier Marcial Felici quen exerza de editor convidado dun número que leva por título «Imaxes e verdade: memoria, corpo e representación» e para o que se admiten propostas arredor dos seguintes temas:
- Evolución dos estatutos da imaxe: analóxica, dixital, postdixital.
- As imaxes como construtoras de identidades, subxectividades ou colectividades.
- Entrecruzamentos entre ciencia, imaxe e arte.
- Aplicación das imaxes ás análises críticas do discurso: ciberfeminismos, activismos en liña, visibilización de colectivos en risco de exclusión.
- Análise textual de propostas baseadas na imaxe postdixital: i- docs, pezas de realidade aumentada ou de realidade virtual, videoxogos, gifs…
- Impacto da imaxe postdigital en campos xa asentados da comunicación ( postfotografía, cinema postclásico, publicidade, videoclips, xornalismo dixital e ciberperiodismo, etc.)
- Implicación dos novos estatutos da imaxe en relación con campos das humanidades contemporáneas: posthumanismo, estética postdigital, net art, etc.
- Problemas de conservación, distribución e exhibición das imaxes no mundo dos arquivos dixitais.
- Novas narrativas xornalísticas no marco da imaxe postdigital: Storytelling, hipertextualidad xornalística, narrativas xornalísticas mediante apps e móbiles.
- Exercicios creativos de memoria histórica en relación coas imaxes: repositorios, experiencias inmersivas, reapropaciones, remontajes…
O prazo para o envío de propostas remata o 10 de setembro.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
