Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Aberto o prazo para o envío de comunicacións ao ICML XVIII

Acéptanse propostas até o 30 de xuño

07/04/2020

Do 24 ao 26 de marzo de 2021 a Universidade do País Vasco (UPV-EHU) acollerá a 18ª edición do Congreso Internacional de Linguas Minorizadas (ICML, nas súas siglas en inglés). O obxectivo do congreso é crear un diálogo interdisciplinar para analizar como as linguas minoritarias se enfrontan aos retos que expoñen estes novos contextos plurilingües e multilingües e investigar como os falantes reinventan recursos lingüísticos minoritarios movéndose a nivel local e global.

A organización do evento abriu xa o prazo para a recepción de propostas de comunicacións, que poden ser remitidas a través dun formulario habilitado na páxina web do congreso.  Acéptanse tres formatos, comunicacións individuais, pósters ou paneis, que poden presentarse en éuscaro, español, francés ou inglés. As propostas deben ser orixinais e non publicadas e poden enmarcarse en calquera dos temas prioritarios da edición:

  • Experiencias de revitalización de linguas minorizadas en contextos plurilingües e globais.
  • Políticas lingüísticas e planificación en contornas multilingües e multiculturais complexos.
  • Criterios de educación, alfabetización e aprendizaxe para un sistema plurilingüe.
  • Enfoques sociolingüísticos e etnográficos: ideoloxías lingüísticas, identidades e actitudes nun mundo globalizado e cambiante.
  • Antropoloxía cultural e lingüística: o idioma na construción das relacións de poder e os desequilibrios sociais.
  • Estudos de Comunicación e Medios: novos medios de comunicación, linguas minorizadas e plurilingüismo.
  • Prácticas culturais e industrias creativas.
  • Outras áreas de interese.

O prazo para a recepción de propostas remata o 30 de xuño e será en outubro cando se comuniquen as aceptadas.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais