Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Chamada á presentación de artigos á revista FOTOCINEMA

Até o 30 de abril de 2019

04/02/2019
FOTOCINEMA, Revista Crítica de Cine y Fotografía, vén de abrir o prazo para o envío de propostas para o número 19, que levará por título “Ver Bien: ambliopía e imagen óptica”. Coordinado por  Ramón Esparza (Euskal Herriko Unibertsitatea) e Paula Gortazar (University of Westminster), o monográfico ten prevista a súa publicación en xullo.

Directrices de envío:
– Os artigos deben ser enviados  para a súa consideración antes do 30 de abril 2019. O texto debe ter unha lonxitude de 4.000 a 8.000 palabras, incluíndo notas ao pé de páxina, bibliografía e subtítulos. Poden escribirse en inglés, español ou francés e, de seren seleccionados, publicaranse na lingua orixinal. Cómpre envialos como documento de Word a fotocinema@uma.es baixo o tema OPEN CALL FOTOCINEMA.
– Os artigos seleccionados anunciaranse o 15 de maio de 2019.
– Os artigos seleccionados estarán suxeitos a revisión por pares. Todos os artigos revisados enviaranse de volta aos autores antes do 15 de xuño de 2019. As versións finais deben ser presentadas antes do 15 de xullo de 2019.
– O número especial será publicado na segunda quincena de xullo de 2019

Máis información sobre a convocatoria abert, na web da revista 

Convocatoria
Coñecida comunmente como “ollo vago”, a ambliopía é unha enfermidade que afecta a moitos nenos. A causa máis común está na falta de estimulación do ollo no momento crítico do desenvolvemento da visión. Maniféstase na visión borrosa que se produce porque o ollo non envía suficiente información ao cerebro. Pero a ambliopía é algo que, pensándoo ben, todos sufrimos en diferente medida. A visión é, ao mesmo tempo, un proceso biolóxico, fisiolóxico e cultural, no que sempre queda unha marxe para o “non visto” e para o “invisible”. A determinación do que denominamos “ver ben” é #cuestión de límites establecidos culturalmente.
Na sociedade contemporánea na que vivimos, o outro ollo que rexe as nosas vidas e do que non podemos escapar é, sen dúbida, o obxectivo da cámara fotográfica. Pero este ollo ten unha natureza moi distinta, pois é totalmente artificial. E aínda que neste caso non hai ambliopía posible, a súa visión tampouco pode perfeccionarse máis aló do puramente técnico
A práctica da fotografía implica unha evidente dicotomía. Por unha banda percibimos a nosa contorna cun ollo humano, subxectivo e “educado”. Ver, como xa demostraron sobradamente autores como Jonathan Crary ou Marx Wartofsky, é un acto culturalmente determinado, cuxa manifestación no plano social explícao acertadamente Foucault a través dos seus ‘réximes da visión’. Doutra banda con todo, hai un elemento que permanece inalterado, que transcende culturas e modelos de representación, pois tanto o ollo humano como a lente da cámara fotográfica producen indiscutiblemente unha imaxe óptica.
A partir desa dicotomía, a da imaxe óptica e a discursiva, podemos atopar todo un panorama de prácticas e concepcións da fotografía relacionadas coa cuestión que se expón:
– A fotografía entendida ben como duplicado do mundo, como ferramenta de exploración dese mundo ou como creadora dun mundo paralelo (o das imaxes)
– Relación entre imaxe fotográfica e imaxe pictórica, óptica e xeometría.
– Características da “visión fotográfica” por contraposición á “natural” e o modo en que se manifesta na obra dos fotógrafos
– Vangarda e fotografía: como reacciona o medio fotográfico á crise do modelo de visión pictórica? Da fotografía “non obxectiva” á abstracción fotográfica e o “ extrañamiento”
– O documentalismo e a imaxe-documento. Da Factografía á construción da subxectividade.
MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais