Próxima presentación do segundo número da revista Volvoreta
Será o sábado 2 de marzo ás 18.00 horas no CGAI
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) acollerá o vindeiro sábado, día 2 de marzo, o acto de presentación do segundo número de Volvoreta. Revista de Literatura, Xornalismo e Historia do Cinema. O evento comezará ás 18.00 horas e contará coa presenza de José Luis Castro de Paz (membro do Grupo de Estudos Audiovisuais e presidente da Fundación Wenceslao Fernández Flórez) , Xosé María Dobarro (director da publicación) e Natalia Alonso Ramos (xefa de redacción).
A presentación concluirá coa proxección do filme El malvado Carabel (Fernando Fernán-Gómez, 1955), precedida dos 7 minutos conservados da versión cinematográfica da novela homónima dirixida por Edgar Neville en 1935.
O acceso é aberto até completar aforo.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
