Archivo
"Autor: sara.calvete"
Premio John Goto de fotografía e artes plásticas

A Escola Superior de Artes Media e Deseño (ESMAD), do Instituto Politécnico do Porto (P. PORTO), lanza o Premio John Goto ESMAD, P. PORTO, en homenaxe ao artista fotógrafo John Goto, cuxo traballo innovador contribuíu para a reformulación da fotografía como medio de comentario social e crítica cultural. Poden aplicar…
O Repertorio da Radio Galega da Emigración incorpórase ao catálogo da FaCom (USC)

O Repertorio da Radio Galega da Emigración está dispoñible para consulta en sala na biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Un catálogo histórico das actividades radiofónicas realizadas e protagonizadas polos emigrantes galegos fundamentalmente en América e Europa, pero tamén noutros destinos menos frecuentes con…
Aberto o prazo para os Premios María Luz Morales

A oitava edición dos Premios María Luz Morales de Ensaio e Vídeoensaio sobre o Audiovisual está en marcha. Os Premios María Luz Morales de Ensaio e Vídeoensaio sobre o Audiovisual son unha iniciativa que busca impulsar a produción académica relacionada co ámbito audiovisual. E estimularon a produción de 179 traballos de investigación en…
Seminario “Película sen facer. Elementos dun cinema latente”

O seminario, , parte do (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña, dirixido a artistas, comisarios, cineastas, programadores, investigadores, arquiveiros e estudantes, de acceso libre, xira ao redor das películas inacabadas ou cuxa finalización foi truncada por motivos políticos, financeiros ou persoais, que nos conducirán por territorios como Irán, Marrocos,…
Aberto o prazo de inscrición para o simposio `Malestares na cultura espec(tac)ular: perspectivas críticas desde a psicanálise´

Baixo o título “Malestares na cultura espec(tac)ular: perspectivas críticas desde a psicanálise”, o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) organiza os días 12 e 13 de xuño un simposio para abordar as crebas das subxectividades contemporáneas desde un enfoque interdisciplinar que, a partir da constelación común do campo psicanalítico, integra a análise audiovisual,…
Aberto o prazo de inscrición para Novas olladas á costa galega (2ª ed.)

Os vindeiros 6 e 7 de xullo na Sociedade Liceo de Noia (Noia) e baixo a dirección de Mª Soliña Barreiro González e Jennifer Novoa Domínguez, terá lugar a 2ª edición deste obradoiro de fotografía documental organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais e o colectivo fotográfico Ollo. Constará de 16 horas lectivas cun límite…
Margarita Ledo Andión participa nas xornadas “50 anos do 25 de abril”

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste…
30 aniversario da AGAPI

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo)…
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do…
Margarita Ledo Andión recibe o XII Premio de Igualdade “Ernestina Otero” 

O Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller entregarán o Premio de lgualdade ”Ernestina Otero” á Catedrática emérita e membro do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo Andión. A entrega do premio honorífico realizarase no transcurso dunha gala que terá lugar o venres 15 de marzo ás 20:00…
© 2026 Estudos Audiovisuais