Aberto o prazo para os Premios María Luz Morales
Este certame de ensaio e vídeoensaio está organizado pola Academia galega do Audiovisual
A oitava edición dos Premios María Luz Morales de Ensaio e Vídeoensaio sobre o Audiovisual está en marcha.
Os Premios María Luz Morales de Ensaio e Vídeoensaio sobre o Audiovisual son unha iniciativa que busca impulsar a produción académica relacionada co ámbito audiovisual. E estimularon a produción de 179 traballos de investigación en materia audiovisual desde a súa creación. Ademáis, nas súas sete edicións a Academia distribuíu entre os galardoados un total de 33.600 euros en premios.
Os premios levan o nome da xornalista María Luz Morales en recoñecemento ao seu legado. Esta intelectual e pioneira da crítica cinematográfica española foi a primeira muller en dirixir un xornal de ámbito estatal e mantívose en activo ata os 91 anos de idade.
O certame conta con catro categorías:
- Mellor ensaio escrito sobre audiovisual galego
- Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional
- Mellor videoensaio sobre audiovisual galego
- Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional
Todos os traballos deben presentarse en lingua galega e o gañador de cada categoría recibirá un trofeo conmemorativo e unha suma de 1.200 euros.
O prazo de presentación de traballos permanecerá aberto ata as 23:59 horas do 8 de setembro de 2024.
Para máis información.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
