Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Aberto o prazo de inscrición para Novas olladas á costa galega (2ª ed.)

Este obradoiro de fotografía documental co Colectivo Ollo terá lugar os vindeiros 6 e 7 de xullo en Noia

15/05/2024

Os vindeiros 6 e 7 de xullo na Sociedade Liceo de Noia (Noia) e baixo a dirección de Mª Soliña Barreiro González e Jennifer Novoa Domínguez, terá lugar a 2ª edición deste obradoiro de fotografía documental organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais e o colectivo fotográfico Ollo. Constará de 16 horas lectivas cun límite de asistencia de 25 persoas.

PROGRAMA

SÁBADO 6 DE XULLO

09:30. Recepción dos participantes e apertura do curso

09:45. O proxecto fotográfico: a escolla do tema, busca de referentes e ideas. Por Vanessa Casteleiro (Colectivo Ollo)

10:30. Creación de grupos, adscrición de titores

11:00. Debate e selección temática por grupos

11.30. Saída fotográfica I

13.30. Xantar

15.30. Noia na historia e na imaxe. Por Paula Alonso (Noia Sancosmeira)

16.15. Revisión e análise das imaxes

17.00. A escolla de materiais e planificación. Xeitos de narrar. Brais Lorenzo (Colectivo Ollo)

17.45. Saída fotográfica II

20.00. Pausa

21.30. Cea e proxección nocturna

DOMINGO 7 DE XULLO

9:30. A edición e os formatos de difusión. Varios membros do Colectivo Ollo

10.15.  Saída fotográfica III

12.15. Revisión materiais, análise de imaxes e primeira selección

13:30. Xantar

15.30. Revisión de portfolios (opcional)

16.00. Edición e esbozo organizativo da publicación

18.00. Presentación e debate conxunto dos proxectos finais

19:30. Peche do obradoiro

 

Haberá un número limitado de aloxamento a prezo reducido, contáctanos canto antes se queres reservar a través de info@estudosaudiovisuais.gal ou mariasolina.barreiro@usc.gal.

O prazo de inscrición estará aberto dende o 15 de maio ata o 21 de xuño a través desta ligazón.

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais