Seminario “Película sen facer. Elementos dun cinema latente”
Os días 1 e 2 de xuño, no (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña.
O seminario, , parte do (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña, dirixido a artistas, comisarios, cineastas, programadores, investigadores, arquiveiros e estudantes, de acceso libre, xira ao redor das películas inacabadas ou cuxa finalización foi truncada por motivos políticos, financeiros ou persoais, que nos conducirán por territorios como Irán, Marrocos, Corea do Sur ou España.
Contará coa participación de cineastas, programadores, investigadores e arquiveiros internacionais como Katie Kirkland (Estados Unidos), Léa Morin (Francia), Tara Najd Ahmadi (Irán), Concha Barquero e Alejandro Alvarado (España). Estes dous últimos expoñerán a súa investigación ao redor dos proxectos inacabados de Fernando Ruiz Vergara, con especial dedicación a Rocío, documental de 1980, que chegou a ser seleccionado para o Festival de Cinema de Venecia e secuestrado pouco despois por un xulgado sevillano pola inclusión de testemuños que poñían nome e apelido a responsables da represión en 1936 en Almonte (Huelva). Os asistentes ao seminario poderán ver non só o documental, senón tamén a peza Descartes (2021), resultado da investigación de Barquero e Alvarado, e 28F Andalucía (1981) de Nonio Parejo.
Para máis información nesta ligazón.
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
