Aberto o prazo de inscrición para o simposio `Malestares na cultura espec(tac)ular: perspectivas críticas desde a psicanálise´
A actividade, organizada polo GEA, terá lugar os vindeiros 12 e 13 de xuño na Facultade de Cc. da Comunicación
Baixo o título “Malestares na cultura espec(tac)ular: perspectivas críticas desde a psicanálise”, o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) organiza os días 12 e 13 de xuño un simposio para abordar as crebas das subxectividades contemporáneas desde un enfoque interdisciplinar que, a partir da constelación común do campo psicanalítico, integra a análise audiovisual, a crítica filosófica e a orientación clínica.
Francisco Conde, psicanalista e profesor de Filosofía na USC, abrirá o simposio o mércores 12 cunha conferencia titulada “O triunfo do imaxinario lacaniano: do Edipo ao selfie”. Ese mesmo día, a tamén psicanalista Rosa Vázquez tratará, á súa vez, o rexistro do simbólico e, máis concretamente, a repercusión da súa decadencia tal e como se manifesta no ámbito da clínica de orientación psicanalítica, cunha palestra titulada: “A orientación lacaniana no século XXI: decadencia do simbólico, novas modalidades do síntoma e clínica do exceso”.
A segunda sesión, o xoves 13, comezará coa ponencia “A tiranía da beleza e a máscara dixital nas redes sociais”, a cargo da profesora Antía López, membro do GEA, que analizará as transformacións da propia identidade no contexto audiovisual virtual. Pechará o simposio a intervención “O malestar non é o que pensas. Freud e a cultura”, de Delmiro Rocha, docente da Facultade de Humanidades da USC e filósofo especializado na crítica da cultura e na noción de deconstrución formulada por Jacques Derrida.
A asistencia ao simposio é libre até completar aforo, mais prégase inscrición previa no seguinte formulario até o luns 10 de xuño
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
