O Repertorio da Radio Galega da Emigración incorpórase ao catálogo da FaCom (USC)
Este recolle as actividades radiofónicas realizadas e protagonizadas polos emigrantes galegos fundamentalmente en América e Europa (1930 ata a actualidade).
O Repertorio da Radio Galega da Emigración está dispoñible para consulta en sala na biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Un catálogo histórico das actividades radiofónicas realizadas e protagonizadas polos emigrantes galegos fundamentalmente en América e Europa, pero tamén noutros destinos menos frecuentes con presenza galega. Cronoloxicamente abrangue desde principios da década de 1930 e chega ata a actualidade, coa posibilidade de engadir as novas iniciativas que vaian xurdindo no futuro.
Os espazos radiofónicos da Galicia exterior, nas súas diferentes modalidades, se inscriben no marco das actividades comunicativas e culturais promovidas polos galegos nos países de destino, especialmente naqueles nos que contaban cunha maior representatividade numérica. Ao igual que a prensa da colectividade, da que algunhas audicións se consideraban unha sorte de complemento oral, as actividades dos galegos a través das ondas amosáronse xa desde o seu cerne como unha peza fundamental no entrañado de relacións socioeconómicas e de solidariedade establecidas polos emigrantes. En consecuencia, adoitan interpretarse como unha forma de expresión social e cultural da colectividade galega, que funciona ademais como elemento de cohesión entre os seus membros e vieiro de expresión das súas ideas, inquedanzas e intereses.
Para máis información, consultar aquí.
Para consulta en sala, aquí.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
Investigadores participantes: Jesús J. Blanco Rosas
