O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo…
Unha mesa redonda analiza a crítica en lingua galega na Filmoteca de Galicia
A Filmoteca de Galicia acolle os días 3 e 4 de decembro os actos de despedida da revista A Cuarta Parede, a publicación de crítica cinematográfica que foi un referente durante quince anos no ámbito galego. Fundada en 2011 por Eloy Domínguez Serén, membro do Grupo Estudos Audiovisuais, e Víctor Paz…
O CO(M)XÉNERO 5 reflexiona sobre a violencia sufrida polas mulleres e as súas prácticas de resistencia
A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago (USC) acolle, nos días 10 e 11 de novembro, o Seminario Permanente de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO que, na súa quinta edición “Recuperar a fala, recuperar a alma”, pon o foco na violencia sufrida por mulleres e nas diversas prácticas…
O 12º Congreso Small Cinemas debate na Facultade de Ciencias da Comunicación o futuro da distribución e da conservación dos pequenos cinemas
O 12º Congreso Small Cinemas serviu, os días 28 e 29 de outubro, de espazo de encontro de investigadores e investigadoras que traballan no campo dos small cinemas, un termo acuñado pola profesora Mette Hjort en 2007, quen tamén participou no evento académico. Este evento itinerante tivo nesta edición o…
Martín Barbero, na memoria
Arredor de Jesús Martín Barbero: Mapa para voos nocturnos Margarita Ledo Andión No prefacio a Vol de nuit, 1931, de Saint-Exupéry, André Gide fálanos de “le surpassement de soi et le sens de devoir”. E talvez por iso é común atopar nos escritos do propio Martín Barbero ademais de nos…
Aberto o call for papers da revista Galicia 21
Co título Modos de ver e ser vistas. As mulleres que coñezo no cinema galego, o próximo número da revista Galicia 21 fai un chamamento ao envío de artigos que analicen as obras e traxectorias cinematográficas de autoras galegas, que traten da autoría feminina como diferenza, que a poñan en…
