Unha mesa redonda analiza a crítica en lingua galega na Filmoteca de Galicia
A profesora Marta Pérez Pereiro participa nesta mesa no marco dos eventos de despedida da revista A Cuarta Parede, fundada por Eloy Domínguez Serén
A Filmoteca de Galicia acolle os días 3 e 4 de decembro os actos de despedida da revista A Cuarta Parede, a publicación de crítica cinematográfica que foi un referente durante quince anos no ámbito galego. Fundada en 2011 por Eloy Domínguez Serén, membro do Grupo Estudos Audiovisuais, e Víctor Paz Morandeira, Tal e como recolle a Filmoteca de Galicia, A Cuarta Parede naceu como resposta a unha necesidade evidente: falar de cinema en galego. Nun momento no que as voces da crítica cinematográfica eran escasas no noso país, a revista converteuse rapidamente nun espazo pioneiro de encontro e reflexión, así como nun fío que permitiu trazar e acompañar a evolución dun movemento entón incipiente, o Novo Cinema Galego, situándoo nun diálogo horizontal coas grandes cinematografías internacionais.
A mesa redonda ‘A crítica de cinema en galego’ analizará o estado da crítica desde perspectivas complementarias de diversos ámbitos da industria e da academia, representadas por perfís que, ao longo destes quince anos, acompañaron e apoiaron de maneira decisiva a evolución e o traballo de A Cuarta Parede. Participarán Beli Martínez (profesora da UVigo e produtora), Marta Pérez Pereiro (profesora da USC e membro do Consello de Redacción de A Cuarta Parede) e Ángel Sánchez (director do festival Play-Doc), e estará moderada por Brais Romero, exdirector da revista, como indica a web da Filmoteca de Galicia.
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
