Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

As entidades polas linguas do Estado denuncian que coa Lei do Audiovisual se “perdeu unha oportunidade cara á igualdade”

27/05/2022

Representantes das principais entidades que traballan a prol das linguas minorizadas galega (A MESA), vasca (Euskalgintzaren Kontseilua), catalá (Plataforma per la Llengua, Ómnium, ACPV, Escola Valenciana e FOLC) e asturiana (Iniciativa Pol Asturianu) concentráronse diante do Congreso dos Diputados antes do inicio do debate da Lei xeral audiovisual, porque “a norma que se pretende aprobar non vai dar máis que pequenos pasos que non garanten a igualdade lingüística”. O GEA, xunto con outras organizaciósn do sector audiovisual, forma parte da Iniciativa polo audiovisual en galego, a plataforma que impulsou a presentación de enmendas á Lei de cara a promover unha lexislación realmente inclusiva.

En primeiro lugar denunciaron que se trata dunha lei que non responde á realidade lingüística existente no Estado: «Debemos ter en conta que esta lei é unha transposición da directiva da Unión Europea precisamente para dar cabida á produción europea. Deste xeito, fuxiuse da realidade lingüística europea, dando unha presenza indigna ás linguas propias do Estado. Coidamos sinceramente que se perdeu unha oportunidade para a igualdade e que a lei invisibilizará as nosas linguas nas pantallas. É máis, perpetuarase a vulneración de dereitos” afirmaron.

Así, os representantes das entidades fixeron referencia ao proceso de elaboración da lei: «os axentes sociais a favor das linguas mantivemos unha actitude proactiva, facendo achegas concretas nos anteproxectos, trasladando aos partidos as nosas propostas, activando á cidadanía para demostrar a existencia unha demanda social». Malia isto, fixéronse ouvidos xordos ás nosas peticións, polo que se pode dicir que a demanda cidadá no foi tida en conta en absoluto na lei».

Ademais, lembraron varios elementos recollidos na declaración consensuada xunto con outros axentes (CIEMEN, TIRANT e OCB do catalán, e NOGARÁ do aragonés): “Se ben a presión política e social exercida polas entidades foi determinante para incluír mínimos para todas as linguas tanto nas cotas de catálogo das plataformas e retransmisións de TVE, como no financiamento antecipado, as mudanzas introducidas son claramente insuficientes e testemuñais ao representaren entre o 0,35% e o 2,55% do conxunto”. Quer dicir, “as cotas que se estabelecerán co suposto obxectivo de garantir a pluralidade lingüística son testemuñais”.

E é que, tal e como afirmaron as entidades, a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorias de contidos mínimos e financiamento para o español, sen nengunha indicación nen recoñecemento para outras linguas existentes no Estado español fóra da retórica baleira. Isto impede que as crianzas, mocidade y o público en xeral poidan gozar na súa lingua da ampla oferta dispoñíbel de programas de televisión, series e filmes. “Por desgraza a nova lei non supón mudanzas significativas neste senso”, afirmaron.

Para finalizar, os axentes a favor das linguas minorizadas quixeron reiterar o seu compromiso de seguir traballando: «É certo que nesta ocasión non se cumpriron os obxectivos previstos e que aprobarán unha lei que invisibiliza a presenza das nosas linguas. Porén, continuaremos a traballar para crear as condicións adecuadas para vivirmos nas nosas linguas e gañaren espazos, entre eles as pantallas”, subliñaron.

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais