Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Aberto o prazo para o envío de traballos á Lusocom sobre medios dixitais e redes interculturais en lingua portuguesa

As propostas para o Congreso poderanse enviar até o 30 de xuño

24/05/2022

O XIV Congreso da Lusocom celebrarase no Porto entre o 25 e 26 de outubro e será organizado pola Universidade do Porto en colaboración coa Sopcom (Associação Portuguesa de Ciências da Comunicação). O tema desta edición recoñece que, como resultado da masificación dos medio dixitais, a transformación cultural das nosas sociedades está a desencadear comportamentos individuais, grupais e colectivos que moitas veces xeran paradoxos e perplexidades. Neste ámbito, a organización da Lusocom convida aos investigadores de todos os países lusófonos a contribuir para o debate con traballos que se inscriban na perspectiva de pensar os medios dixitais e a cidadanía nas redes interculturais en lingua portuguesa.

A Lusocom definiu cinco grandes eixes temáticos a partir do tema central:

Eixe 1: Activismo, Comunicación Intercultural, Mudanza Social

Eixe 2: Medios e Alfabetización

Eixe 3: Comunicación Visual, Tecnoloxía, Cultura

Eixe 4: Estratexias de Comunicación, Publicidade, Territorio

Eixe 5: Ciberxornalismo (VII COBCIBER)

As propostas de traballo poderanse enviar até o 30 de xuño a través do seguinte formulario. O resumo debe ter unha extensión máxima de 500 palabras. A notificación de aceptación será comunicada o 31 de xullo.

O XIV Congreso da Lusocom integra tamén o VII COBCIBER e antecede o Intercom2022, que se realiza igualmente no Porto, do 27 ao 29 de outubro.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais