Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Ábrese o prazo para o envío de comunicacións ao Congresso Iberoamericano de Fotojornalismo

Até o 18 de setembro

23/03/2020

O Instituto da Comunicação da Universidade Nova de Lisboa organiza do 11 ao 12 de febreiro de 2021 o Congresso Iberoamericano de Fotojornalismo, nunha edición que leva por título Fotojornalismo en Mudança. 

A organización do congreso vén de abrir o prazo para a presentación de comunicacións, que poden ser dirixidas a calquera dos eixos centrais de traballo:

1. Historia do fotoxornalismo
2. Vida e obra de fotoxornalistas (biografías profesionais)
3. Axencias de fotoxornalismo e fotoxornalismo de axencia
4. Fotoxornalismo e dispositivos móbeis
5. Fotoxornalismo, web e redes sociais
6. Fotoxornalismo e narrativas transmediáticas
7. Formatos, xéneros, fronteiras, experimentación e innovación en fotoxornalismo
8. Análise do discurso fotoxornalístico
9. Tecnoloxía e técnicas en fotoxornalismo
10. Ética do fotoxornalismo
11. Teoria e teóricos do fotoxornalismo
12. Ensino do fotoxornalismo

As propostas poden ser presentadas en portugués, español ou inglés e deben ser remitidas ao enderezo fotojornalismoiberoamericano@gmail.com até ao día 18 de setembro de 2020.

Cada autor/a poderá presentar até dúas comunicacións individuais e, eventualmente, unha terceira, sempre e cando unha delas sexa en co-autoría. Daráse prioridade a comunicacións inéditas que aporten novo coñecemento aos estudos sobre fotoxornalismo ou comunicación , que presenten un novo ángulo sobre un tema xa anteriormente abordado.

Ao considerar que o fotojornalismo é uma das menos estudadas especialidades do jornalismo, pese á relevancia que a imaxe fotográfica ocupou e ocupa no campo da información xornalística, este congreso procura contribuír a rematar con esa carencia nos estudos sobre media e xornalismo. O evento proporcionará a profesionais, investigadoras/es, docentes, estudantes e demais persoas interesadas un foro de debate onde abordarlo dende diferentes puntos de vista.

»Ver o CFP

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais